PARAOLIMPIADAS 2017

O pasado mércores 21 celebramos as primerias Paraolimpiadas, en colaboración coa Asociación Aceesca Porriño, coa finalidade de achegar ao noso alumnado a outras realidades do entorno cercanas, en consonancia co proxecto anual de centro "Os Xogos Olímpicos".

Os nenos e nenas do cole actuaron como participantes "paralímpicos", representado os países que os propios nenos escolleran na actividade das "Musicolimpiadas".

Os rapaces e rapazas de Aceesca tiveron o papel dramático do COI, sendo os invitados de honra e tendo diferentes papeis según os diferentes xogos.

Así, fixemos a actividade de presentación "a tea de araña", onde cada un/unha de nós presentábase e contaba aquilo que podía facer, co lema "EU PODO...", posteriormente desfilamos e fixemos diferentes xogos: carreira de obstáculos, tirar á diana coa man non dominante, baloncesto cos ollos tapados e cascabeis na canasta, carreira de culleres, balonmano sentados, carreira á pata coxa, proba de ler os beizos e escribir coa boa; finalizando cunha entrega de medallas.

Con esta convivencia rematamos o proxecto, aprendendo non soamente sobre mascotas olímpicas, diferentes deportes ou modalidades, senón que aprendimos que as ganas e o esforzo son moi importantes e que TODOS/AS somos importantes polo que somos e non polo que podemos ou non facer.

GRACIAS A ACEESCA E A ANPA POLA VOSA COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN!



Comentarios

Publicacións populares